sábado, 31 de octubre de 2009

Migración de Windows Vista a Windows 7

Para levar a cabo esta suculenta migración, non é tan bonito como se pintaba a priori. Na revista PC Actual de fai uns meses indicábase que a migración se podería facer de forma totalmente gratuíta a partir dunha licencia legal de Windows Vista. Polo que puiden comprobar persoalmente, esto non é así. No meu caso, trátase dun portátil Toshiba A300, e este fabricante aproveita a ocasión para lucrarse e cobrarche 29,90€. O cobro en principio, non o realizan ata o envío do kit de Windows 7.

Así que, como se pode apreciar esta actualización débese tramitar co voso corresponte fabricante. Para irnos iniciando e informando do proceso, podemos comezar por acceeder á seguinte URL: http://www.microsoft.com/spain/windows/buy/offers/upgrade.aspx. Eliximos como país España, e facemos click no enlace do noso fabricante para seguir as instruccións.

Toshiba creou o seu propio apartado para a realización deste proceso (Toshiba Windows 7 Update Program) e só considerará válidos para a adquisición do kit de Windows 7 aqueles equipos mercados entre o 26 de xuño de 2009 e o 31 de xaneiro de 2010. Introducindo o número de serie do noso portátil poderemos saber se reunimos os requisitos.

jueves, 29 de octubre de 2009

Comandos de Windows

Para executar aplicación con outro usuario do dominio:

runas /user:<dominio>\<nome_usuario> <nome_aplicación.exe>

A continuación pídenos o contrasinal do usuario indicado. Este comando sóese empregar para abrir aplicacións con permisos administrativos e poder cambiar configuracións.

Exemplo:
runas /user:domain\kalahan cmd

sábado, 24 de octubre de 2009

Comandos de Linux

Configuración da hora
date -s "dia mes dia hh:mm:ss CET ano"
dia: Mon, Tue, Wed, Thu, Fri, Sat, Sun
mes: Jan, Feb, Mar, Apr, May, Jun, Jul, Ago, Sep, Oct, Nov, Dec
dia: representado como numérico

Exemplo:
date -s "Mon Feb 23 18:50:00 CET 2009"

Configurar teclado en español para a consola (Ubuntu Server 8.06 TLS)
apt-get install language-pack-es
dpkg-reconfigure console-setup
En canto fagamos o dpkg-reconfigure sairanos un asistente onde iremos elixindo o tipo de teclado a empregar, o idioma de uso, unha tecla alternativa ó Alt Gráfico, etc. Ó remate deberíamos ter xa o teclado ben configurado.

Para ver o "runlevel" no que se iniciou o equipo
who -r

Para actualizar o Axente de instalación de paquetes RPM
yum update up2date

Para ver o directorio de instalación dun programa
rpm -ql <nome_do_programa>

Para ver o listado de paquetes instalados (Distribución Debian)
dpkg -l

Para descomprimir ficheiros tar.gz
tar -zxvf <nome_do_ficheiro.tar.gz>

Para ver os procesos en execución

ps -xa

Para ver o espacio libre nas particións do sistema
df -h

Para ver o tamaño dun ficheiro
du -sh

Para acceder ó directorio raíz directamente
cd /

Para crear unha carpeta
mkdir <nome_da_carpeta>

Para borrar unha carpeta
rm <nome_da_carpeta>

Crear un contenedor RAID 1 cun servidor Dell Poweredge 1750

  1. Encendémo-lo servidor e prememos Ctrl+M
  2. Opción Configure:
    -Imos a New Configuration->Yes
    -Aparecerannos os discos e seleccionámo-los ca tecla de Espacio e prememos Enter 2 veces.
    -No apartado de Select Configurable Array prememos Espacio e en Array 0 (A00) tennos que aparecer a palabra Span-1.
    -Prememos F10 e apareceranos a configuración do RAID1.
    -Imos a Accept para confirmar a configuración e prememos Yes.
  3. Por último é aconsellable comprobar a consistencia do RAID na opción de Check consistency, lo prememos F2 para seleccionar o array e F10 para que comece a comprobación.

Crear contenedores RAID en servidores Dell Poweredge 1650

  1. En canto encendemos o servidor prememos Ctrl+A para entrar na utilidade de configuración de discos.
  2. Seleccionamos Container Configuration Utility.
  3. Agora temos que inicializa-los discos en Initialize drives. Para elo seleccionámolos discos, prememos Enter e dámoslle a Y para confirmar.
  4. Creamos o contenedor RAID 1 ou RAID 5 na opción de Create container.
  5. Temos que ir a Manage container para que faga un escrutinio dos disco (SCRUB) e se complete o contenedor.
Ó inicia-los discos bórranos a configuración anterior e permítenos crear un contenedor novo.