viernes, 16 de abril de 2010

Eliminar mensaxe molesta de Adobe Reader

Se recibimos a seguinte mensaxe de Adobe Reader ó intentar abrir un arquivo PDF dende un navegador web:

"No se puede utilizar adobe reader para ver archivos pdf en el explorador de web. Reader se cerrará."

O primeiro que debemos facer é desinstalar a versión actual de Adobe Reader dende o Panel de Control. A continuación, baixamos a versión máis recente dende a web http://get.adobe.com/es/reader/. Recordemos desmarcar a casilla McAfee® Security Scan Plus gratuito, xa que senón instalaranos unha versión de proba de McAfee xunto co Adobe Reader e poida que non nos interese á maioría dos usuarios. Facemos click sobre Descarga e pediranos a instalación do complemento de Adobe Download Manager (require o reinicio de Firefox), de seguido comezará a descarga e instalación de Adobe Reader. Despois desto deixaremos de recibir a mensaxe de erro mencionada.