lunes, 29 de octubre de 2012

Instalar e configurar SQL Developer en Kubuntu 12.04

Para configurar o SQL Developer no noso equipo teremos que seguir os seguintes pasos:

1.-Descargamos o SQL Developer da páxina de Oracle:
  http://www.oracle.com/technetwork/developer-tools/sql-developer/sqldev-ea-download-486950.html

2.-Descomprimimos o arquivos descargado no directorio que desexemos: sqldeveloper-3.1.06.82-no-jre.zip 
   Por exemplo en: /home/user/APLICACIONS

3.-Proporcionamos permisos de execución sobre o ficheiro sqldeveloper.sh
  sudo chmod +x sqldeveloper.sh 

4.-Instalamos Java 6 JDK:
 sudo apt-get install openjdk-6-jdk

5.-Verificamos onde se realizou a instalación con: 
sudo update-alternatives --list java

O resultado debese ser:
/usr/lib/jvm/java-6-openjdk/jre/bin/java

Con ésta información editamos o ficheiro de configuración do sqldevelper (/home/user/APLICACIONS/sqldeveloper/sqldeveloper/bin/sqldeveloper.conf), do seguinte xeito:

----------------------------------------------------------------------------
IncludeConfFile ../../ide/bin/ide.conf

SetJavaHome /usr/lib/jvm/java-6-openjdk/jre

SetSkipJ2SDKCheck true

AddVMOption  -Doracle.ide.util.AddinPolicyUtils.OVERRIDE_FLAG=true

AddVMOption -Dsun.java2d.ddoffscreen=false

AddVMOption -Dwindows.shell.font.languages=

AddVMOption  -XX:MaxPermSize=128M

AddVMOption -Doracle.jdbc.mapDateToTimestamp=false 

IncludeConfFile  sqldeveloper-nondebug.conf

-----------------------------------------------------------------------------
Ou sexa, editamos a entrada SetJavaHome e engadimos a liña: SetSkipJ2SDKCheck true

 6.-Unha vez realizados todos estes cambios, executamos a aplicación:
sh /home/user/APLICACIONS/sqldeveloper/sqldeveloper.sh
 
 
 




jueves, 26 de abril de 2012

Instalar Adobe Reader en Kubuntu 10.04 de 64 bits

Para poder instalar Adobe Reader en Kubuntu 10.04 de 64 bits non podemos facelo a través dos repositorios como se faría normalmente. Polo tanto, seguiremos os pasos que se indican a continuación:

1.-Descargamos o ficheiro AdbeRdr9.5.1-1_i486linux_enu.bin da páxina de abobe: http://get.adobe.com/es/reader/
 Facemos click no enlace "¿Tiene un idioma o sistema operativo diferentes?"

 A versión que descarguemos debe estar en inglés, xa que para español, non temos dispoñible o ficheiro BIN.

2.-Unha vez descargado, modificamos os permisos do ficheiro de instalación para facelo executable:

sudo chmod +x AdbeRdr9.5.1-1_i486linux_enu.bin

3.-Executamos o ficheiro de instalación:

sudo ./AdbeRdr9.5.1-1_i486linux_enu.bin

Vannos a saír as seguintes liñas de progreso da instalación: 
Extracting files, please wait. (This may take a while depending on the configuration of your machine)

This installation requires 136 MB of free disk space.

Enter installation directory for Adobe Reader 9.5.1 [/opt]  -> Premer Enter
/opt

Installing platform independent files ... Done
Installing platform dependent files ... Done
Setting up libraries ... Done
Setting up desktop and menu icons ... Done
Setting up the browser plugin ... Done

4.-Abrimos Adobe Reader 9 e aceptamos o acordo de licencia:


Xa podemos utilizar a aplicación sen problema.

miércoles, 7 de marzo de 2012

Recuperación GRUB2 Kubuntu 10.04.1

1.-Iniciar equipo cunha live CD de Kubuntu que conteña GRUB2
2.-Abrir un terminal

sudo apt-get install lvm2
sudo lvscan ->Escanea particións LVM

inactive /dev/LVG00/LV00_root [70.00GB] inherit

Se aparecen en estado inactivo, temos que executar o seguinte comando:
sudo vgchange -ay

Unha vez en estado activo montamos a nosa partición root:

sudo mount /dev/LVG00/LV00_root /mnt

Escaneamos particións do equipo para buscar a nosa partición boot
sudo fdisk -l

/dev/sda1 * 1 47 369664 83 Linux
La partición 1 no termina en un límite de cilindro.
/dev/sda2 47 533 3906560 82 Linux swap / Solaris
La partición 2 no termina en un límite de cilindro.
/dev/sda3 533 14594 112942081 5 Extendida
/dev/sda5 533 14594 112942080 8e Linux LVM

Neste caso vemos que se trata da partición /dev/sda1

Montamos a partición boot:
sudo mount /dev/sda1 /mnt/boot

Instalamos grub no MBR:
sudo grub-install --root-directory=/mnt/ /dev/sda
Installation finished. No error reported.

3.-Reiniciamos
4.-Agora debería aparecernos o xestor de arranque ó iniciar o equipo. Entramos en Kubuntu e executamos o seguinte comando:
sudo update-grub