jueves, 26 de abril de 2012

Instalar Adobe Reader en Kubuntu 10.04 de 64 bits

Para poder instalar Adobe Reader en Kubuntu 10.04 de 64 bits non podemos facelo a través dos repositorios como se faría normalmente. Polo tanto, seguiremos os pasos que se indican a continuación:

1.-Descargamos o ficheiro AdbeRdr9.5.1-1_i486linux_enu.bin da páxina de abobe: http://get.adobe.com/es/reader/
 Facemos click no enlace "¿Tiene un idioma o sistema operativo diferentes?"

 A versión que descarguemos debe estar en inglés, xa que para español, non temos dispoñible o ficheiro BIN.

2.-Unha vez descargado, modificamos os permisos do ficheiro de instalación para facelo executable:

sudo chmod +x AdbeRdr9.5.1-1_i486linux_enu.bin

3.-Executamos o ficheiro de instalación:

sudo ./AdbeRdr9.5.1-1_i486linux_enu.bin

Vannos a saír as seguintes liñas de progreso da instalación: 
Extracting files, please wait. (This may take a while depending on the configuration of your machine)

This installation requires 136 MB of free disk space.

Enter installation directory for Adobe Reader 9.5.1 [/opt]  -> Premer Enter
/opt

Installing platform independent files ... Done
Installing platform dependent files ... Done
Setting up libraries ... Done
Setting up desktop and menu icons ... Done
Setting up the browser plugin ... Done

4.-Abrimos Adobe Reader 9 e aceptamos o acordo de licencia:


Xa podemos utilizar a aplicación sen problema.