jueves, 31 de diciembre de 2009

Problemas de actualización de Windows Vista a Windows 7 (Toshiba)

Un dos problemas da actualización a Windows 7, para aqueles que obtiveron a licencia a través de Toshiba Windows 7 Update Program, pode ser que tralo remate da mesma non nos apareza a ventana para iniciar sesión. O equipo en principio non está colgado, pero non podemos autenticarnos, xa que o único que vemos é un precioso fondo vacío. Esto podería ser provocado por algún servicio do sistema que se corrompese.

A maneira que Informática Xeral atopou para solventar o asunto foi a seguinte:
  1. Arrancar o equipo en modo seguro (Según se arranca o PC premer constantemente a tecla F8 ata que nos aparezan unha serie de opcións. Escollemos Modo Seguro)
  2. Dende aquí si que nos debería aparecer a ventana para autenticarnos. Veremos un entorno máis tosco do habitual, xa que se cargan os servicios mínimos para realizar operacións de reparación sobre o sistema como é o noso caso.
  3. Facemos click co botón dereito na barra de tarefas e imos a Iniciar el Administrador de tareas.
  4. Archivo -> Nueva tarea (Ejecutar). Neste cadro de diálogo escribimos msconfig. Esto vainos abrir unha consola para a xestión dos servicios e recursos do sistema.
  5. Na pestaña General, escollémo-la opción de Inicio con diagnóstico.

  6. Aceptamos e reiniciamos o equipo. En principio deste xeito iniciando cos servicios mínimos non debería dar problemas para iniciar sesión en modo normal. Polo tanto unha vez dentro do sistema iniciamos os seguintes servicios:

    Adaptador de rendimiento de WMI
    Administración de certificados y claves de rendimiento
    Administrador de conexión automática de acceso remoto
    Administrador de conexión de acceso remoto
    Administrador de cuentas de seguridad
    Administrador de identidad de redes de mismo nivel
    Administrador de sesión del Administrador de ventanas de escritorio
    Adquisición de imágenes de Windows
    Agente de directiva IPSec
    Agrupación de red del mismo nivel
    Aislamiento de claves CNG
    Almacenamiento protegido
    Aplicación auxiliar de NetBIOS sobre TCP/IP
    Aplicación del sistema COM+
    Asignador de detección de topologías de nivel de vínculo
    Asignador de extremos de RPC
    Audio de Windows
    Ayuda del Panel de control de Informes de problemas y soluciones
    Centro de seguridad
    Cliente de directiva de grupo
    Cliente DHCP
    Cliente DNS
    Cliente Web
    Cola de impresión
    Compilador de extremo de audio de Windows
    Conexiones de red
    Configuración automática de WLAN
    Configuración de Escritorio remoto
    Coordinador de transacciones distribuidas
    Copias de seguridad de Windows
    Desfragmentador de disco
    Detección de hardware shell
    Detección de servicios interactivos
    Detección SSDP
    Disco virtual
    Dispositivo de host de UPnP
    Energía
    Enumerador de bus IP PnP-X
    Escucha del Grupo Hogar
    Estación de trabajo
    Examinador de equipos
    Experiencia con aplicaciones
    Experiencia de calidad de audio y vídeo de Windows (qWave)
    Firewall de Windows
    Hora de Windows
    Host de proveedor de detección de función
    Host de sistema de diagnóstico
    Host del servicio de diagnóstico
    Identidad de aplicación
    Información de la aplicación
    Iniciador de procesos de servidor DCOM
    Instalador de ActiveX (AxInstSV)
    Instalador de módulos de Windows
    Instrumental de administración de Windows
    LLamada a procedimiento remoto (RPC)
    Microsoft .NET Framework NGEN v2.0.50727_X86
    Motor de filtrado base
    Plug and Play
    Programador de aplicaciones multimedia
    Programador de tareas
    Protección de software
    Protocolo de autenticacion extensible
    Proveedor de Grupo Hogar
    Reconocimiento de ubicación de red
    Registrador de configuración de Windows Connect Now
    Registro de eventos de Windows
    Servicio de caché de fuentes de Windows
    Servicio de compatibilidad de programas
    Servicio de directivas de diagnóstico
    Servicio de lista de redes
    Servicio de perfil de usuario
    Servicio de transferencia inteligente en segundo plano (BITS)
    Servicio del módulo de copia de seguridad a nivel de bloque
    Servicio de informe de errores de Windows
    Servicio Interfaz de almacenamiento en red
    Servicios de cifrado
    Servidor
    Sistema de eventos COM+
    Superfetch
    Windows Defender
    Windows Installer
    Windows Update

  7. Hai servicios que teñen dependencias entre eles, polo tanto é normal que en falle algún. Débense poñer en modo Automático para non ter que inicialos manualmente cada vez que iniciamos sesión. Seguramente moitos dos servicios, aquí publicados, non sexan necesarios para un usuario de casa, pero en canto a eso xa sería cuestión de ir probando a desactivar os que cremos que non nos van a servir para nada. O que está claro é que cantos menos servicios teñamos levantados, mellor redemento obteremos.

lunes, 14 de diciembre de 2009

Recuperar router Linksys WRT54GL v1.1 tras unha mala actualización do firmware

Aínda que pareza mentira é posible recuperarlle a vida a un router que foi mal flasheado, aínda que ben é certo que non sempre é así.

Neste artigo, vaise a comentar un caso concreto, que pode ser semellante ou non ó de outros usuarios. O que se pretendía era actualizar o firmware dun router inalámbrico Linksys WRT54GL v1.1 con software desenvolvido por DD-WRT. Trátase dun pequeno linux que se integra no router para poder configuralo ó noso antollo. Aqueles que saiban moito de redes saberán sacarlle moito partido, xa que trae configuracións moi avanzadas. Ademais segundo a versión de DD-WRT que se lle inserte poderíase incluso acceder a el mediante SSH e xestionalo mediante comandos de Linux o cal nos da unha gran flexibilidade.

Volvendo ó tema que nos ocupaba, para flashear o router co DD-WRT seguíronse indicacións da páxina oficial deste firmware. O router viña co firmware de Fon (iniciativa a nivel mundial para o compartimento das nosas conexións ADSL por WIFI cos usuarios da comunidade Fon), e o primeiro que aconsellan facer é un "Hard Reset" ou restaurar a configuración do router ós seus valores por defecto. Neste caso fíxose un Hard Reset que consiste en premer o botón Reset durante 30 segundos co router encendido, logo sen soltar o Reset desconectamos o cable de alimentación durante outros 30, e a continuación volveríamos a conectalo cable de alimentación outros 30 segundos aguantando o Reset. Soa redundante, pero é así. O que pasou aquí foi que se borrou a configuración completa da NVRAM. Co cal o router quedou inutilizable ó non ter configuración. Se ledes esto antes de iniciar calquer manobra, xa sabedes o que debedes facer; restaurar a configuración ós seus valores por defecto e empregar a utilidade de Actualizar Firmware.

Que debemos facer a continuación no caso de ter inutilizado o router?

Pois o seguinte paso é observar o funcionamento das luces do aparato, asignando unha dirección IP fixa do tipo 192.168.1.10 con máscara 255.255.255.0 e Porta de Enlace 192.168.1.1 e a continuación lanzamos un ping continuo á IP do router.

ping 192.168.1.1 -t

O que pasou aquí foi que a luz de Power parpadeaba durante 5 segundos, logo quedaba encendida xunto ca luz DMZ durante uns 10, e así continuamente. Respondía a ping, pero con unha gran perda de paquetes. Nesta situación o router é totalmente recuperable. Ante outros comportamentos, aconséllase seguir as indicacións desta páxina (en inglés): http://www.dd-wrt.com/wiki/index.php/Recover_from_a_Bad_Flash

Para recuperarlle a vida ó router segundo o comentado, debemos asegurarnos de ter o antivirus e o firewall desactivados. Mantemos a configuración da tarxeta de rede tal e como se mencionou anteriormente e a continuación descargamos o seguinte firmware: Mini-Build required for inital flashing via TFTP: dd-wrt.v24_mini_wrt54g.bin (A descarga faríamola dende a páxina oficial de DD-WRT www.dd-wrt.com, facendo click no enlace Router Database e indicando o modelo do noso router Linksys (wrt54gl)). Este firmware non pode ser maior de 3 MB.

Unha vez o temos descargado debemos intentar cargarllo por TFTP. En Windows Vista teríamos que ir a Panel de Control->Programas e funcionalidades->Activar ou Desactivar funcionalidade de Windows e habilitamos o check de TFTP client para poder facer uso deste protocolo.

Unha vez instalado o TFTP, temos que coller o firmware que descargamos antes e copiámolo por exemplo ó escritorio e renomeámolo como code.bin. A continuación abrimos unha consola de comandos (cmd) e situámonos no directorio onde almacenamos o arquivo code.bin:

cd \
cd Desktop

Primeiro é aconsellable facer un arp -s para forzar a vinculación da dirección IP do router ca súa MAC correspondente, xa que a comunicación entre o PC e o mesmo é moi débil, debido tamén a que a luz de power está parpadeando cada pouco tempo, o cal indica constantes reinicios.

A MAC do interface de rede do router debe aparecer impreso na parte de abaixo do mesmo. Así que introducimos o seguinte comando:

arp -s 192.168.1.1 aa-bb-cc-dd-ee-ff

Por último transmitimos o firmware á NVRAM do router a través de TFTP co seguinte comando:

tftp -i 192.168.1.1 PUT code.bin

Se nos da erro, volveremos a intenlo varias veces ata obter unha resposta positiva; senón haberá que seguir indagando.

Moita sorte, a todos aqueles que se atopen nesta situación.