/boot (ext4 dev/sda1)
SWAP (dev/sda2)
LVM: /home - root - /tmp - /var - /var/log (5 volumes lóxicos) [dev/sda5]
Tras sufrir varios apagóns debido a cortes no suministro eléctrico xeral, o equipo deixou de funcionar correctamente. Non arranca o sistema operativo mostrando unha consola (initramfs) dende a cal non se pode facer nada:
Not init found. Try passing init = bootarg
BusyBox v1.13.3 (Ubuntu ...) built-in shell (ash)
Enter 'help' for a list of built-in commands.
(initramfs)
Unha das maneiras de botarlle man a este caso e recuperar os datos contidos no volume lóxico /home, foi a seguinte:
1.-Iniciamos o equipo cun CD Alternate de Kubuntu 10.04.1 e cun disco externo USB.
2.-Eliximos o idioma e escollemos a opción de recuperar sistema operativo (é a última dispoñible). Unha vez dentro, sae un asistente en modo texto e imos pasando as diferentes pantallas (configuración de teclado, nome de equipo). Ó final amósase un listado das particións do disco duro e pregúntanos que partición queremos empregar como raíz. En principio ningunha e dicímoslle que nos abra un entorno de liña de comandos.
3.-Executamos os seguintes comandos:
a) Creamos puntos de montaxe:
mkdir /mnt/usb
mkdir /mnt/lvghome
b) Executamos fdisk -l para ver as unidades de disco duro conectadas coas súas correspondentes particións:
/dev/sda (Disco duro principal)
/dev/sdb1 (Unidade de disco externo USB)
c) Montamos a partición LVG /home cos seguintes comandos:
lvscan [Amósanos o listado de volúmes lóxicos que contén o disco duro]
Exemplo: ACTIVE /dev/LVG00/LV00_home [70.00GB] inherit
mount /dev/LVG00/LV00_home /mnt/lvghomed) Montamos unidade de disco externo USB:
mount -t ntfs-3g -o umask=0000 /dev/sdb1 /mnt/usb
e) Como normalmente toda a información soe estar contida no /home/
cd /mnt/lvghome
cp -R
4.-Unha vez que temos os datos correctamente gardados no disco externo, non nos vai a quedar máis remedio que formatear e reinstalar o sistema, volcando a posteriori a información que acabamos de recuperar.