sábado, 31 de octubre de 2009

Migración de Windows Vista a Windows 7

Para levar a cabo esta suculenta migración, non é tan bonito como se pintaba a priori. Na revista PC Actual de fai uns meses indicábase que a migración se podería facer de forma totalmente gratuíta a partir dunha licencia legal de Windows Vista. Polo que puiden comprobar persoalmente, esto non é así. No meu caso, trátase dun portátil Toshiba A300, e este fabricante aproveita a ocasión para lucrarse e cobrarche 29,90€. O cobro en principio, non o realizan ata o envío do kit de Windows 7.

Así que, como se pode apreciar esta actualización débese tramitar co voso corresponte fabricante. Para irnos iniciando e informando do proceso, podemos comezar por acceeder á seguinte URL: http://www.microsoft.com/spain/windows/buy/offers/upgrade.aspx. Eliximos como país España, e facemos click no enlace do noso fabricante para seguir as instruccións.

Toshiba creou o seu propio apartado para a realización deste proceso (Toshiba Windows 7 Update Program) e só considerará válidos para a adquisición do kit de Windows 7 aqueles equipos mercados entre o 26 de xuño de 2009 e o 31 de xaneiro de 2010. Introducindo o número de serie do noso portátil poderemos saber se reunimos os requisitos.

1 comentario:

Frede dijo...

29,90€ é moi caro pra actualizarse ao w7, tendo em conta que o WVista foi um fracaso, em vez de cobrarte te deberiam dar as grazas por seguir co WVista e a mais por ser tam valente como pra fiar no novo windows.
O normal quando te vendem um producto defectuoso é darche de valde outro que si funcione.