lunes, 14 de junio de 2010

Resetear contrasinal de usuario con Ubuntu

Se non lembramos ou non sabemos as credenciais de acceso a un equipo con Ubuntu instalado, deberemos seguir os seguintes pasos:
  1. Encender o equipo e prememos a tecla ESC.
  2. Prememos a tecla E e buscamos a liña do kernel que inicia o sistema, posicionándonos sobre ela. A continuación volvemos a premer E.
  3. Engadimos a dita liña o seguinte: rw init=/bin/bash. De seguido prememos Enter e logo B.
  4. Agora estaremos nunha consola de comandos en modo texto, polo tanto facemos un ls /home para saber o nome de usuario ó cal temos que resetearlle o contrasinal.
  5. Modificámolo contrasinal co comando passwd <nome_usuario>.
  6. Reiniciamos o equipo: shutdown -r now.
  7. Iniciamos de xeito normal co contrasinal establecido no paso 5.

No hay comentarios: